Saltar ao contido

Berta Cáceres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBerta Cáceres

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de marzo de 1971 Editar o valor en Wikidata
La Esperanza, Honduras Editar o valor en Wikidata
Morte2 de marzo de 2016 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
La Esperanza, Honduras Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Directora Consello Cívico de Organizacións Populares e Indíxenas de Honduras
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo lenca Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónecoloxista, Activista polos dereitos humanos Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1993 Editar o valor en Wikidata -
MovementoEcoloxismo e ecofeminismo Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosBerta Zúñiga, Laura Zúñiga Cáceres Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webberta.copinh.org Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm6218657 BNE: XX6055035 Editar o valor en Wikidata

Berta Isabel Cáceres Flores, nada o 4 de marzo de 1971,[1] 1972,[2] ou 1973,[3] e finada en La Esperanza o 3 de marzo de 2016, foi unha líder indíxena lenca, feminista[4] e activista ecoloxista hondureña.[3][5]

No 2015, obtivo o Premio Goldman, un galardón chamado o "Nobel Verde" que se concede anualmente na honra dos defensores da natureza e o ambiente. O ano seguinte foi asasinada no seu fogar.[6] Unha semana antes ofrecera unha rolda de prensa na que denunciou que catro dirixentes da súa comunidade foran asasinados e outros tantos recibiran ameazas.

En 2018 a xustiza de Honduras condenou sete dos oito acusados polo seu asasinato.[7] En 2021, o presidente da hidroléctrica DESA foi condenado como autor intelectual.[8]

Ese mesmo ano, Millán Picouto publicou A morte de Berta Cáceres, traxedia en cinco actos incluída na súa obra completa "O macrocosmos", Linteo. ISBN 978-84-123801-1-8.

  1. El País (4 de marzo de 2016). "En memoria de Berta Cáceres: una mujer e indígena excepcional". España. Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  2. "Bert Cáceres, hondureña que entregó su vida en defensa del ambiente". La Prensa. 3 de marzo de 2016. Consultado o 8 de marzo de 2016. 
  3. 3,0 3,1 La Prensa (4 de marzo de 2016). "Berta Cáceres festejaría hoy su cumpleaños". Consultado o 4 de marzo de 2016. 
  4. youtube. "Intervención de Berta Cáceres sobre la refundación de Honduras". Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  5. La Prensa (3 de marzo de 2016). "Matan a Berta Cáceres, líder indígena hondureña". Honduras. Consultado o 3 de marzo de 2016. 
  6. "La ONU critica la falta de proteccióna a Berta Cáceres, activista asesinada en Honduras". El Periódico de Aragón. 4 de marzo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 4 de marzo de 2016. 
  7. "Condenan a exoficiales del ejército de Honduras y al ejecutivo de una empresa por el asesinato de Berta Cáceres". El Diario. 30 de novembro de 2018. Consultado o 30 de novembro de 2018. 
  8. Diario, Nós. "Condenan como autor intelectual do asasinato de Berta Cáceres o presidente da hidroeléctrica contra a que loitaba". Nós Diario. Consultado o 2021-07-07.