Isaac Prado Villapol
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1932 Ferreira |
| Morte | 2 de xullo de 2015 |
| 1975 – 2001 (dimisión) – José Jesús Novo Martínez → | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Partido político | Partido Popular |
| Membro de | |
Isaac Prado Villapol, nado en Ferreira do Valadouro en 1932 e finado o 2 de xullo de 2015[1], foi un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Chegou ao Vicedo como médico a finais dos anos sesenta. Foi nomeado alcalde nos últimos anos do franquismo. Presentouse ás primeiras eleccións democráticas por UCD sendo elixido alcalde e mantívose no cargo ata 2001. En 1983 púxolle o seu nome a unha rúa: "Doctor Prado Villapol". En 1999 o PPdeG decidiu prescindir de Prado Villapol para as eleccións municipais ante as irregularidades que presentaba a súa xestión. Ante a negativa dos populares, presentou unha candidatura independente que acadou a maioría absoluta, Independendientes por O Vicedo (IPV, coincidindo coas súas propias iniciais).
En abril de 2000 foi condenado a cinco anos e tres meses de cadea por delitos continuados de prevaricación, malversación e falsidade continuada e presentou a súa dimisión en xaneiro de 2001. Ingresou en prisión en 2001, condenado a dous anos e seis meses por un delito de atentado contra a autoridade, logo de ameazar de morte ao fiscal xefe da Audiencia Provincial de Lugo, Jesús García Calderón.
En novembro de 2004 a Audiencia obrigouno a devolver ao Concello o que cobrou pola venda dunha parcela destinada á construción do cuartel da Garda Civil e pola casa do médico.
| Predecesor: ? |
Alcalde do Vicedo 1975 - 2001 |
Sucesor: José Jesús Novo Martínez |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El exalcalde de O Vicedo Prado Villapol será enterrado este viernes en O Valadouro", artigo en El Progreso, 3 de xullo de 2015 (en castelán).