Iria Grandal
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de agosto de 1990 (34 anos) Ferrol, España |
Actividade | |
Ocupación | arqueira |
Deporte | tiro con arco |
Participou en | |
2012 | Xogos Olímpicos de 2012 |
Iria Grandal García, nada en Ferrol o 13 de agosto de 1990, é unha arqueira galega que compite no Club Arco Narón.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ademais de conseguir os títulos de Campioa de Galicia en tódalas categorías polas que pasou (alevín, infantil, cadete, júnior e absoluta) o seu palmarés consta tamén de éxitos a nivel estatal e internacional.
No ano 2004 competiu por primeira vez fóra de Galicia, no Campionato de España Infantil, onde acadou o 3ª posto. Despois fixo podios a nivel nacional tamén en tódalas categorías polas que pasou. No ano 2006 acadou o subcampionato do mundo cadete en México. En 2008, acadou o 4º posto no Campionato de Europa Júnior (sub21). No ano 2012 obtivo o Subcampionato de Europa Absoluto. Logo de conseguir o campionato de España júnior e o subcampionato nacional absoluto[2], entre outros méritos, obtivo a praza para os Xogos Olímpicos de Londres 2012 no europeo preolímpico de Ámsterdam.
En Londres competiu na categoría individual feminina. Tras pasar a rolda preliminar, quedando no posto 53º, gañou na primeira eliminatoria á colombiana Ana Rendón por 6-2, pero caeu derrotada fronte a surcoreana Choi Hyeon-ju por 6-5 en dezaseisavos de final, resolvéndose o encontro na rolda de desempate.[3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Páxina do Comité Olímpico Español Contén información sobre os deportistas olímpicos (en castelán).
- ↑ "Iria Grandal, acreedora del trofeo Patronato Municipal", artigo en La Voz de Galicia, 23 de febreiro de 2011 (en castelán).
- ↑ Resultados de Iria Grandal en Londres 2012. Páxina oficial dos Xogos Olímpicos de Londres 2012. (en inglés).
- ↑ Club ARCO NARÓN. "JJOO - Londres 2012".