Iraklis Thessaloniki B.C.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Iraklis BC»)
Iraklis Thessaloniki B.C.
Información xeral
Nome ΚΑΕ Ηρακλής Θεσσαλονίκης
Liga A2 Ethniki
Fundación 1924
Cores           Branco, azul
Presidente Grecia Theodoros Drakopoulos
Adestrador Grecia Lefteris Chatzikyriakidis
Localización
Cidade Grecia Tesalónica, Grecia
Pavillón Ivanofio
Capacidade 2.443
Inauguración 1987
Campionatos
Liga 2 (1928, 1935)

O Iraklis Thessaloniki B.C. (en grego: ΚΑΕ Ηρακλής), é un equipo de baloncesto grego da cidade de Tesalónica, que xoga na A2 Ethniki, a segunda categoría do baloncesto heleno. Disputa os seus partidos como local no Ivanofio, con capacidade para 2.500 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

Forma parte dun club polideportivo creado en 1908, o Gymnastic Club Iraklis Thessaloniki, ao que tamén pertence a sección de fútbol, o Iraklis FC, aínda que a sección de baloncesto non se fundou ata 1924. O nome do equipo provén do deus grego Hércules. Gañou o primeiro Campionato de Grecia, en 1928, repetindo título en 1935, nos que son os seus únicos títulos. Xa na era moderna, permaneceu na A1 Ethniki ata o 2006, acadando os seus mellores resultados en 1995 e 2004, quedando en terceira posición. Participou en 16 ocasións en competicións europeas, sendo as súas mellores clasificacións as semifinais acandadas na Copa Saporta en 1995 e 1997.

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Liga de Grecia
    • Campións (2): 1928, 1935
  • Copa de Grecia
    • Subcampión (3): 1981, 1994, 1996

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Sitio web oficialArquivado 31 de maio de 2020 en Wayback Machine.