Ion Gabella
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xuño de 1968 Vitoria, España |
Morte | 29 de xullo de 2002 (34 anos) Zumaia, España |
Actividade | |
Ocupación | actor |
Ion Gabella, nado en Vitoria en 1968 e finado en Zumaia en 2002, foi un actor de cine, televisión e de teatro vasco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Malia a súa curta traxectoria, chegou a participar en máis duna vintena de películas, sobre todo como actor secundario nas primeiras películas da fornada de directores vascos dos 1990: Juanma Bajo Ulloa, Alex de la Iglesia, Daniel Calparsoro, Enrique Urbizu, Karra Elejalde... Tamén apareceu nas primeiros longametraxes de Alejandro Amenábar, Óscar Aibar ou Mónica Laguna.
En teatro foi membro fundador do grupo Sobradún, xunto a Gorka Aguinagalde, co que levou á escena varias obras de Mauro Entrialgo.
Filmografía destacada
[editar | editar a fonte]- Todo por la pasta 1991
- Acción Mutante 1993
- Atolladero 1995
- Tengo una casa 1996
- Abre los ojos 1997
- Gente pez 2000
- El robo más grande jamás contado 2002
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ion Gabella en imdb
- Ficha na filmoteca vasca Arquivado 03 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)