Saltar ao contido

Intraducibilidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Intraducibilidade
Características
 Aspecto de
 Parcialmente coincidente con
Códigos e identificadores
Freebase/m/03_v43 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A intraducibilidade é unha propiedade dun texto, ou de calquera outro acto da fala, para o que non se poden atopar equivalentes directos de texto, ou acto da fala, noutra lingua. Mais os termos non son exclusivamente intraducibles, nin exclusivamente traducibles: o grao de dificultade da tradución depende da súa natureza, e tamén do coñecemento das linguas orixe e meta que teña o tradutor. En xeral a intraducibilidade, ou dificultade de tradución, pode ser contrarrestada mediante estratexias que acadan unha tradución eficaz da denotación, aínda que non sempre atinen co traslado da connotación.