Intervention

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Intervention
Formato telerealidade
Duración 43 minutos
Creado por Sam Mettler
Presentado por Jeff VanVonderen
Candy Finnigan
Cadea A&E Network
Día da estrea 6 de marzo de 2005
Nº de temporadas 9
Nº de episodios 127

Na rede
http://www.aetv.com/intervention
IMDB: tt0450920 Rottentomatoes: tv/intervention Metacritic: tv/intervention TV.com: shows/intervention
Facebook: InterventionAE Netlix: 70148130Editar o valor em Wikidata

Intervention é un programa de televisión estadounidense de telerealidade que trata sobre a vida cotiá de adictos.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Cada programa segue a un ou dous participantes con problemas de adicción ou outra desorde mental ou física e que cren que están a gravalos para un documental sobre o seu problema, cando en realidade as cámaras actúan como documentación para a intervención da familia e/ou amigos. Cada un dos participantes ten que elixir entre a rehabilitación inmediata ou o risco de perder o contacto, os cartos ou outros tipo de privilexios cos que instigaron a intervención. Os produtores normalmente seguen a súa evolución nos meses seguintes para monitorizar o progreso ou retroceso e amosalo noutros programas ou na web do programa.

Intervencionistas[editar | editar a fonte]

En cada programa interveñen principalmente os adictos, a súa familia e o seu círculo de amigos pero tamén os intervencionistas que son os encargados de dirixir a intervención. Orixinalmente no programa interviñan de xeito regular tres especialistas: Ken Seeley, antigo adicto á metanfetamina e fundador de Intervention-911, un servizo especializado en intervencións para adictos, Jeff VanVonderen, antigo ministro protestante e ex-alcohólico que se converteu en intervencionista profesional e Candy Finnigan, antiga adicta que se converteu en intervencionista. VanVonderen deixou o programa na quinta tempada logo de admitir que recaera na adicción pero volveu á tempada seguinte. Ken Seeley deixou o programa na oitava tempada.