Intertrixinoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

En medicina, unha área intertrixinosa é aquela na que poden tocarse ou rozar dúas áreas da pel. Exemplos de áreas intertrixinosas son a axila, o perineo, zonas do nariz, pregamentos da pel dos seos, e as zonas entre os dedos. As áreas intertrixinosas albergan grandes cantidades de organismos aerobios como bacterias de tipo coco e corineformes, as cales forman parte normal da flora da pel.

Este adxectivo utilízase tamén para designar as infeccións nesas áreas: dermatite intertrixinosa (ou intertrigo), candidíase intertrixinosa (polo fungo Candida).

Notas[editar | editar a fonte]