Interrogación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Signo de interrogación. Cómpre posicionalo ao cabo da frase

A interrogación, amais de ser unha secuencia que serve para pescudar, pode referirse ao signo de puntuación (?) que se pon ó final (ás veces tamén ó inicio) dunha frase interrogativa.

As oracións interrogativas caracterízanse por unha entoación peculiar. Distínguense dous tipos:

  • Interrogativa absoluta ou total (dáse naquelas preguntas ás que se responde cunha afirmación ou negación). Caracterízase por un ton medio máis alto có da entoación enunciativa, polo que a rama inicial presenta unha forte elevación; o corpo ascende lentamente e o tonema é descendente.

Nalgunhas zonas (en xeral arredor da ría de Vigo) esta entoación presenta unha forte elevación coincidindo coa última sílaba tónica.

  • Interrogativa relativa (introducida por un interrogativo) A rama inicial presenta un forte ascenso coincidindo o punto máximo coa sílaba tónica do interrogativo; o corpo e o tonema seguen unha liña uniforme descendente.

Colocación do punto de interrogación[editar | editar a fonte]

O signo que marca a interrogación é en galego o ?, e colócase ao final da frase interrogativa. Con todo, perante situacións gramaticais pouco claras, é posíbel a colocación dun signo inicial de interrogación (¿, derivado da influencia do castelán) a fin de saber onde comeza a entoación interrogativa e, xa que logo, a propia pregunta.