Internalina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As internalinas son proteínas da superficie celular que se encontran na bacteria Listeria monocytogenes. As principais formas que se coñecen son: InlA, InlB, InlH[1] e InlK[2]. A bacteria utilízaas para invadir células de mamífero por medio das proteínas transmembrana cadherinas (no caso de InlA) e os receptores Met (no caso de InlB). O papel exacto destas proteínas e a súa capacidade invasiva in vivo non se comprende totalmente. En células en cultivo, InlA é necesaria para facilitar a entrada de Listeria nas células epiteliais humanas, mentres que a InlB é necesaria para a internalización de Listeria en varios outros tipos de células, como os hepatocitos, fibroblastos e células epitelioides.[3] As internalinas son principalmente factores de virulencia expostos na superficie bacteriana, cuxo papel vai desde o recoñecemento de receptores celulares para axudar á entrada do patóxeno e escapar da autofaxia.[4] Listeria monocytogenes supón unha ameaza para as mulleres preñadas debido á súa capacidade de cruzar a barreira placentaria sanguínea por medio da unión á vez de InIA e InIB ás células do hóspede. As investigacións mostraron que só a unión combinada destes dous factores de virulencia permite que a bacteria cruce esta barreira. Isto non é así nos ratos e coellos de Indias, cuxas células só teñen afinidade por InIB en ratos e por InIA nos coellos de Indias.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Uniprot InlH
  2. Neves D, Job V, Dortet L, Cossart P, Dessen A Structure of Internalin InlK from the Human Pathogen Listeria monocytogenes. J. Mol. Biol. (2013) 425 p.4520-4529. [1]
  3. Lecuit M, Ohayon H, Braun L, Mengaud J, Cossart P (1997). "Internalin of Listeria monocytogenes with an intact leucine-rich repeat region is sufficient to promote internalization". Infect. Immun. 65 (12): 5309–19. PMC 175764. PMID 9393831. 
  4. Neves D1, Job V, Dortet L, Cossart P, Dessen A. Structure of Internalin InlK from the Human Pathogen Listeria monocytogenes. J Mol Biol. 2013 Nov 15;425(22):4520-9. doi: 10.1016/j.jmb.2013.08.010. Epub 2013 Aug 16. PMID 23958637
  5. Babinet, Charles; et al. "Conjugated action of two species-specific invasion proteins for fetoplacental listeriosis.". Nature 455.7216 (2008): 1114+. Academic OneFile. Web. 4 Dec. 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.