Intercity, Renfe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Servizo Intercity cuberto por un tren da serie 121 de Renfe.

Intercity é a denominación comercial dun produto ferroviario prestado por Renfe Operadora en España. Foi creado en 1980 e usado de forma ininterrompida ata o ano 2008. Nesta primeira etapa o servizo cubría esencialmente traxectos de longa distancia.

En xuño de 2012, tras unha paréntese de catro anos, Renfe decidiu recuperar a marca Intercity dándolle un carácter híbrido entre a media e a longa distancia.[1] Os trens realizan traxectos que polo seu percorrido catalogaríanse dentro de Longa distancia pero con todo ofrecen tarifas para traxectos de curto ou medio percorrido que se igualan ás ofrecidas por trens de media distancia. O gran número de paradas que ofrecen os diferentes traxectos recalcan aínda máis o carácter de trens de Media Distancia.

Servizos Intercity en Galiza[editar | editar a fonte]

Desde 2014 este tipo de servizos conectan as cidades da Coruña e Vigo con Irún e Bilbao respectivamente, relacións que anteriormente operaran baixo as marcas Arco[2] e Diurno (até 2008)[3], con prestacións moi semellantes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Trenes Intercity, una denominación recuperada por Renfe". Vía Libre (en castelán). Consultado o 2018-09-25. 
  2. "El tren ARCO Galicia – País Vasco pasa a denominarse servicio INTERCITY". Vivir el Tren - Historias de trenes (en castelán). Consultado o 2018-09-25. 
  3. P. M. "El tren diurno a Irún ya cuenta con los servicios del modelo Arco" (en castelán). p. La Opinión A Coruña. Consultado o 2018-09-25.