Intelixibilidade mutua
Aparencia
A intelixibilidade mutua é unha propiedade das variedades lingüísticas ou dialectos pola cal dous falantes de variedades diferentes poden comprenderse mutuamente sen ter estudado ou aprendido previamente a variedade allea. Trátase dunha propiedade non moi ben definida, xa que a intelixibilidade é cuestión de graos e subxetividade, e tamén depende de varios factores, como o nivel edcuativo e cultural do falante e a súa habilidade lingüística.
Dificultades co concepto
[editar | editar a fonte]Tradicionalmente díxose que dúas variedades dialectales mutuamente intelixibles en alto grao son dialectos da mesma lingua. Porén, existen algunhas dificultades:[1]
- Non-transitividade. Dadas tres variedades A, B e C. Pode suceder que A e B sexan mutuamente intelixibles en alto grao, e que B e C sexan tamén mutuamente intelixibles en alto grao, e porén, A e C sexan practicamente inintelixibles. Por exemplo, existe un alto grao de intelixibilidade mutua entre o castelán e o catalán, e entre o catalán e o occitano, mais o castelán e o occitano son dificilmente entendibles entre elas.
- Asimetría. Nalgúns casos atopáronse variedades A e B, tales que a comprensión de B polos falantes de A, é moi diferente da comprensión de A polos falantes de B. Por exemplo, un falante do portugués estándar europeo entende perfectamente o castelán, mais para un castelánfalante é un pouco menos intelixible o portugués polas diferenzas fonéticas e fonolóxicas respecto do castelán (p. ex., "palavra" /plávr/ en portugués e "palabra" /palábra/ en castelán, asemade, "rádio" /jádyu/ en portugués e "radio" /rádio/ en castelán).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ J. A. Suárez (1995): Las lenguas indígenas mesoamericanas, pp. 39-48, ISBN 968-496-219-3.