Integración social

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Integración Social»)


A integración social son todas aquelas accións e intervencións que facilitan e posibilitan que as persoas desenvolvan as súas capacidades persoais e sociais.

Cada persoa parte con máis ou menos habilidades e cunhas necesidades concretas, dependendo da súa situación, os ritmos son diferentes e polo tanto teñen metas variadas e variables, o que fai que os seus procesos de integración teñan que ser personalizados e flexibles.

En España[editar | editar a fonte]

En España existe un ciclo formativo de grao superior Técnico/a en Integración Social.

As/os profesionais desta titulación exercen a súa actividade no sector dos servizos ás persoas: asistencias, educativa, apoio na xestión doméstica e psicosociais, e no sector de servizos á comunidade: atención psicosocial a colectivos e persoas en desvantaxe social, mediación comunitaria, inserción ocupacional e laboral e promoción da igualdade de oportunidades.

A titulación co Real Decreto 1074/2012, de 13 de xullo polo que establece o título de Técnico/a Superior en Integración Social.

Os módulos de ensinanza impartidos neste ciclo superior son os seguintes:

Contexto da intervención social[editar | editar a fonte]

  • Análise dos procesos de desenvolvemento evolutivo do ser humano.
  • Conceptos e procesos básicos de psicoloxía social e socioloxía.
  • Análise da estrutura e procesos de dinámica social.
  • Psicoloxía da exclusión social.
  • Análise de necesidades, marxinacións e exclusións.
  • Interpretación do marco da intervención social.
  • Determinación dos ámbitos de intervención social.
  • Caracterización de servizos e programas de intervención social.

Inserción sociolaboral[editar | editar a fonte]

  • Caracterización do contexto da inserción sociolaboral.
  • Planificación de intervencións de inserción laboral.
  • Aplicación de técnicas de adestramento en habilidades sociolaborais.
  • Planificación de actividades de inserción laboral.
  • Definición de procedementos para o seguimento e avaliación do proceso de inserción sociolaboral.

Atención a unidades de convivencia[editar | editar a fonte]

  • Planificación da intervención na unidade de convivencia.
  • Organización da intervención en unidades de convivencia.
  • Deseño de actividades do proxecto de intervención en unidades de convivencia.
  • Organización de estratexias de intervención.
  • Estratexias de intervención en violencia doméstica.
  • Realización de actividades para o seguimento e control da intervención.

Mediación comunitaria[editar | editar a fonte]

  • Planificación das intervencións de mediación.
  • Organización das actuacións para a prevención de conflitos.
  • Realización de actividades dos procesos de mediación comunitaria.
  • Realización de actividades de avaliación da mediación.

Apoio á intervención educativa[editar | editar a fonte]

  • Caracterización do apoio na intervención educativa.
  • Organización do apoio á intervención educativa.
  • Desenvolvemento de actividades de apoio á intervención educativa.
  • Realización do seguimento do proceso de apoio.

Promoción da autonomía persoal[editar | editar a fonte]

  • Elaboración de programas de adestramento de habilidades de autonomía persoal e social.
  • Organización de actividades de adquisición de habilidades da vida diaria.
  • Organización de actividades de adquisición de competencias básicas de mobilidade.
  • Organización de actividades de adestramento e adquisición de habilidades socias.
  • Organización de actividades de estimulación, mantemento e rehabilitación de capacidades cognitivas.
  • Desenvolvemento de actividades de adquisición e adestramento de habilidades básicas de autonomía persoal e social.
  • Realización de actividades de seguimento do proceso de promoción de habilidades de autonomía persoal e social.

Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación[editar | editar a fonte]

  • Detección de necesidades e procesos de intervención.
  • Organización da intervención.
  • Aplicación de sistemas de comunicación alternativa con axuda.
  • Aplicación de sistemas de comunicación alternativa sen axuda.
  • Comprobación da eficacia dos sistemas de comunicación.

Metodoloxía da intervención social[editar | editar a fonte]

  • Determinación de métodos, técnicas e instrumentos de análise da realidade.
  • Determinación dos elementos de proxectos de intervención social.
  • Determinación de estratexias de promoción e difusión de proxectos de intervención.
  • Incorporación da perspectiva de xénero nos proxectos de intervención social.
  • Definición de procedementos de avaliación de proxectos de intervención social.

Primeiros auxilios[editar | editar a fonte]

  • Valoración inicial de asistencia en urxencia.
  • Aplicación de técnicas de soporte vital.
  • Aplicación de procedementos de inmobilización e mobilización.
  • Aplicación de técnicas de apio psicolóxico e de autocontrol.

Habilidades sociais[editar | editar a fonte]

  • Posta en marcha  de estratexias e técnicas que favorezan a relación social e a comunicación.
  • Dinamización do traballo en grupo.
  • Condución de reunións.
  • Estratexias de xestión de conflitos e toma de decisións.
  • Avaliación da competencia social e procesos de grupo.

Proxecto de integración social[editar | editar a fonte]

  • Identificación de necesidades do sector produtivo da organización da empresa.
  • Deseño de proxectos relacionados co sector.
  • Planificación da execución do proxecto.
  • Definición de procedementos de control e avaliación da execución do proxecto.

Formación e orientación laboral[editar | editar a fonte]

  • Busca activa de emprego.
  • Xestión do conflito e equipos de traballo.
  • Contrato de traballo.
  • Seguridade Social, emprego e desemprego.
  • Avaliación de riscos profesionais.
  • Planificación da prevención de riscos na empresa.
  • Aplicación de medidas de prevención e protección na empresa.

Empresa e iniciativa emprendedora[editar | editar a fonte]

  • Iniciativa emprendedora.
  • A empresa e a súa contorna.
  • Creación e posta en marcha dunha empresa.
  • Función administrativa.

Formación en centros de traballo[editar | editar a fonte]

  • Identificación da estrutura e organización empresarial.
  • Aplicación de hábitos éticos e laborais.
  • Realización de operacións de preparación da actividade laboral.
  • Posta en marcha das actividades previstas no plan de traballo.
  • Cumprimento dos criterios de seguridade e hixiene.
  • Análise do servizo prestado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]