Entrada ao edificio do Instituto Sueco do Cine en Östermalm, EstocolmoOs 140 metros de longo do edificio
O Instituto Sueco do Cinema (en sueco:Svenska Filminstitutet) foi fundado en 1963 co fin de apoiar e expandir a industria sueca de cinema. O Instituto ten a súa sede no edificio Filmhuset localizado en Gärdet, un lugar de Östermalm, en Estocolmo. O edificio, acabado en 1970, foi deseñado polo arquitecto Peter Celsing.
O Instituto Sueco do Cinema apoia a rodaxe de filmes suecos e asigna subvencións para a produción, distribución e exhibición pública en Suecia, así como tamén se encarga de promover o cinema sueco internacionalmente. Ademais, o Instituto organiza anualmente os Premios Guldbagge.