Instituto Argentino de Cultura Gallega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Instituto Argentino de Cultura Gallega
Tipoorganización
Data de fundación1969
SedeBuenos Aires
PaísArxentina
editar datos en Wikidata ]

O Instituto Argentino de Cultura Gallega é unha entidade cultural galega de Buenos Aires.

Historia[editar | editar a fonte]

Creado en 1969 para continuar o labor da antiga Comisión de Cultura no Centro Gallego de Buenos Aires, que se ocupaba da difusión da cultura galega e a custodia do patrimonio cultural da institución. Durante un tempo xestionou a editorial Ediciones Galicia que publicou libros e discos. En 1987 estaba presidido por Luis Sobreira González, sendo secretario Germán Quintela Novoa.[1]

O Instituto xestiona unha biblioteca, unha librería, un teatro e unha sala de exposicións, coida a colección de obras de arte e obxectos históricos do Centro Galego e os arquivos da actividade cultural. Organiza cursos e outras actividades.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 7-2-1987, p. 22.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]