Saltar ao contido

Instalacións Deportivas da Madroa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Instalacións Deportivas da Madroa
Datos
Coordenadas42°14′48″N 8°40′22″O / 42.246758, -8.672687
LocalizaciónA Madroa, Candeán, Vigo
Construción
Construción1990
Estadio
PropietarioConcello de Vigo
UsoCelta de Vigo
Webhttps://rccelta.es/club/instalaciones/
editar datos en Wikidata ]

As Instalacións Deportivas da Madroa, ou simplemente A Madroa, son un complexo deportivo de titularidade municipal onde se disputan algúns adestramentos das categorías inferiores do Real Club Celta de Vigo. Constituía o principal lugar de adestramento do club antes da construción da Cidade Deportiva Afouteza, en Mos. Recibe o nome do lugar da Madroa, da parroquia de Candeán. Por extensión, adoita empregarse para referirse ao conxunto de xogadores saídos da canteira do equipo celeste.[1]

As instalacións da Madroa fóronlle outorgadas ao Celta de Vigo no verán de 1990. O primeiro adestramento do club celeste realizouse o 27 de xullo desde ano. As instalacións foron conceptualizadas e inauguradas polo alcalde de aquel entón, Manoel Soto, ao presidente do equipo vigués tamén por aquel entón, José Luís Rivadulla.[2]

Estas instalacións son coma un fillo meu, eu mesmo parín. Estiven aquí dous anos a traballar, planifiquei todos estes campos, até incluso en persoa, marcando con cinta.
José Luis Rivadulla

Durante a década dos noventa e até o ano 2020, ditas instalacións foron o lugar habitual de adestramento do primeiro equipo do Celta, así como das categorías inferiores. Finalmente, o 26 de novembro de 2020, o cadro do primeiro equipo do Celta realizou o seu último adestramento nas instalacións antes de se mudaren á Cidade Deportiva Afouteza, no concello limítrofe de Mos.

Infraestruturas

[editar | editar a fonte]

As instalacións constan de:[3]

  • 1 campo de céspede natural de medidas 108,25 x 69,90 metros.
  • 1 campo de céspede sintético de medidas 108,55 x 66,50 metros e 660 asentos na bancada.
  • 1 campo de céspede natural de medidas 116,20 x 71,20 metros.
  • 1 campo de céspede sintético de medidas 104,00 x 57,80 metros e 488 asentos na bancada.
  • Centro de servizos e ximnasio.
  1. Vande Rusten, Pablo. "Lo que hace al Celta un equipo singular en europa.". El País. Consultado o 11 de agosto de 2024. 
  2. Castro, Xosé. "Adiós a A Madroa 30 años después.". La Voz de Galicia. Consultado o 11 de agosto de 2024. 
  3. "Campos de fútbol de A Madroa.". Concello de Vigo. Consultado o 11 de agosto de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]