Inmunidade de grupo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Inmunidade de rabaño»)
Gráfico sobre a inmunidade de grupo a distintos niveis e o espallamento das enfermidades en cada caso

A inmunidade de grupo, inmunidade de rabaño ou efecto rabaño é un método de protección indirecta fronte a enfermidades infecciosas que ten lugar cando unha gran porcentaxe dunha poboación tórnase inmune a unha infección, fornecendo unha protección indirecta para aqueles individuos que non son inmunes.[1][2] Nunha poboación na que un gran número de individuos son inmunes, as cadeas de infección teñen máis probabilidades de racharse, freando ou detendo o avance da enfermidade.[3] Canto maior sexa a proporción de individuos inmunes nunha comunidade, menor é a probabilidade de que aqueles que non son inmunes entren en contacto con outro individuo infectado.[1]

Proceso e características[editar | editar a fonte]

A inmunidade individual conséguese tras recuperarse dunha infección natural ou por medios artificiais como as vacinas.[3] Algúns individuos poden non tornarse inmunes por motivos médicos polo que a inmunidade de grupo resulta un método importante de protección.[4][5] Cando unha poboación consegue un certo nivel de inmunidade de grupo, esta elimina de forma gradual a enfermidade dentro da poboación.[5] Esta eliminación, de conseguirse de forma global en todo o mundo, pode dar como resultado a redución do número de infeccións a cero, erradicando a enfermidade.[6] Este método empregouse para a erradicación da varíola en 1977 e para a eliminación rexional doutras enfermidades.[7] A inmunidade de grupo non aplica para tódalas enfermidades, só para aquelas que son contaxiosas, que se transmiten dun individuo a outro.[5] O tétano, por exemplo, é unha enfermidade infecciosa pero non contaxiosa, polo que este método non aplica para a súa eliminación.[4]

O termo inmunidade de rabaño usouse por primeira vez en 1923.[1] Quedou recoñecido coma un fenómeno de ocorrencia natural na década dos anos 1930 ó observarse que tras que un número significativo de nenos se tornaron inmunes ó sarampelo, o número de novas infeccións diminuíu temporalmente, incluíndo a nenos susceptibles de contaxio.[8] A vacinación en masa para inducir a inmunidade de grupo pasou a ser dende entón unha práctica común e probou ser efectiva na prevención do avance de moitas enfermidades infecciosas.[9] A oposición ás vacinas supón un contratempo para a inmunidade de grupo, permitindo que enfermidades que teñen prevención persistan ou volvan a xurdir en comunidades con taxas de vacinación non axeitadas.[10][11][12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Fine, P.; Eames, K.; Heymann, D. L. (1 de abril de 2011). ""Herd immunity": A rough guide". Clinical Infectious Diseases (en inglés) 52 (7): 911–6. PMID 21427399. doi:10.1093/cid/cir007. 
  2. Gordis, L. (14 de novembro de 2013). Epidemiology (en inglés). Elsevier Health Sciences. pp. 26–27. ISBN 9781455742516. 
  3. 3,0 3,1 Merrill, R. M. (2013). Introduction to Epidemiology (en inglés). Jones & Bartlett Publishers. pp. 68–71. ISBN 9781449645175. 
  4. 4,0 4,1 "Herd Immunity" (en inglés). oxford vaccine group. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2016. Consultado o 15 de marzo de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Somerville, M.; Kumaran, K.; Anderson, R. (19 de xaneiro de 2012). Public Health and Epidemiology at a Glance (en inglés). John Wiley & Sons. pp. 58–59. ISBN 9781118308646. 
  6. Cliff, A.; Smallman-Raynor, M. (11 de abril de 2013). Oxford Textbook of Infectious Disease Control: A Geographical Analysis from Medieval Quarantine to Global Eradication (en inglés). Oxford University Press. pp. 125–136. ISBN 9780199596614. 
  7. Kim, T. H.; Jonhstone, J.; Loeb, M. (Setembro de 2011). "Vaccine herd effect". Scandinavian Journal of Infectious Diseases (en inglés) 43 (9): 683–9. PMC 3171704. PMID 21604922. doi:10.3109/00365548.2011.582247. 
  8. *Hinman, A. R.; Orenstein, W. A.; Papania, M. J. (1 de maio de 2004). "Evolution of measles elimination strategies in the United States". The Journal of Infectious Diseases (en inglés) 189 (Suppl 1): S17–22. PMID 15106084. doi:10.1086/377694. 
    *Sencer, D. J.; Dull, H. B.; Langmuir, A. D. (Marzo de 1967). "Epidemiologic basis for eradication of measles in 1967". Public Health Reports (en inglés) 82 (3): 253–6. PMC 1919891. PMID 4960501. doi:10.2307/4592985. 
  9. Garnett, G. P. (1 de febreiro de 2005). "Role of Herd Immunity in Determining the Effect of Vaccines against Sexually Transmitted Disease". The Journal of Infectious Diseases (en inglés) 191 (Suppl 1): S97–106. PMID 15627236. doi:10.1086/425271. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2016. Consultado o 15 de marzo de 2017. 
  10. Quadri-Sheriff, M.; Hendrix, K. S.; Downs, S. M.; Sturm, L. A.; Zimet, G. D.; Finnell, S. M. (Setembro de 2012). "The role of herd immunity in parents' decision to vaccinate children: a systematic review". Pediatrics (en inglés) 130 (3): 522–30. PMID 22926181. doi:10.1542/peds.2012-0140. 
  11. Dubé, E.; Laberge, C.; Guay, M.; Bramadat, P.; Roy, R.; Bettinger, J. (Agosto de 2013). "Vaccine hesitancy: an overview". Human Vaccines & Immunotherapeutics (en inglés) 9 (8): 1763–73. PMC 3906279. PMID 23584253. doi:10.4161/hv.24657. 
  12. Ropeik, D. (Agosto de 2013). "How society should respond to the risk of vaccine rejection". Human Vaccines & Immunotherapeutics (en inglés) 9 (8): 1815–8. PMC 3906287. PMID 23807359. doi:10.4161/hv.25250. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.