Inmaculada Rodríguez Cuervo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2020.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de maio de 1965 (59 anos) Madrid, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | emprendedora |
María Inmaculada Rodríguez Cuervo, nada en Madrid o 25 de maio de 1965, é unha política e empresaria galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade Complutense. Instalouse en Ourense e fíxose cargo da empresa familiar Mecanizados Rodríguez Fernández. Foi profesora de Mercadotecnia Internacional no mestrado de Comercio Exterior da Universidade de Santiago de Compostela (1999-2002). Foi elixida deputada no Parlamento de Galicia nas eleccións autonómicas de 2001 polo PPdeG. Foi vicepresidenta primeira do Parlamento de Galicia (2001-2005). Logo de deixar a política volveu ao mundo empresarial e en 2016 fundou Emociaccion e en 2017 RSC Galicia. Dende xuño de 2019 forma parte do Consello Social da Universidade da Coruña[1] e en outubro de 2019 a asociación ARHOE para a racionalización dos horarios nomeouna a súa coordinadora en Galicia[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Elixida Inmaculada Rodríguez Cuervo como novo membro do Consello Social da UDC". Galicia Confidencial. 11 de xuño de 2019.
- ↑ "ARHOE nombra a Inmaculada Rodríguez Cuervo Coordinadora General en Galicia". horariosespana.com.