Saltar ao contido

Inma Chacón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaInma Chacón

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Inmaculada Chacón Gutiérrez Editar o valor en Wikidata
3 de xuño de 1954 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Zafra, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritora, poetisa Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Rei Xoán Carlos Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioInma Chacón Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiAntonio Chacón Cuesta Editar o valor en Wikidata
IrmánsDulce Chacón (escritora) Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1684735

Inmaculada Chacón Gutiérrez, nada en Zafra (provincia de Badaxoz) o 3 de xuño de 1954, é unha narradora e poeta española, máis coñecida como Inma Chacón. É irmá xemelga de Dulce Chacón.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Estremadura nunha familia conservadora, aristócrata, de dereitas e do bando nacional, segundo palabras da súa irmá.[3] O seu pai, Antonio Chacón —alcalde de Zafra durante o franquismo— tiña inquietudes literarias: escribía poemas[4] co pseudónimo de Hache[3] e lía poesía á súa familia. Faleceu cando Inma e Dulce tiñan 11 anos. María Gutiérrez, a nai, tamén afeccionada á literatura,[5] partiu coas nenas ao ano seguinte a Madrid, onde se instalaron.[6]

Doutora en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, é profesora de Documentación na Universidade Rei Xoán Carlos. Foi decana da facultade de Comunicación e Humanidades na Universidade Europea de Madrid, fundadora e directora da revista dixital Binaria e directora do Doutoramento en Comunicación, Auxe Tecnolóxico e Renovación Sociocultural. Colabora con diversos medios escritos, e desde finais de 2005 é columnista de El Periódico de Extremadura.

A súa primeira novela, La princesa india, é unha homenaxe á súa irmá, pois era unha historia que ela quería escribir cando enfermou de cancro. Dulce pediulle a Inma que realizase ese proxecto, e ela decidiuse logo de atopar un colgante.[7]

En 2011 resultou finalista do Premio Planeta de Novela coa súa cuarta novela, Tiempo de arena. A escritora comentou daquela que agardaba que ese galardón lle dese identidade propia como autora, porque até entón houbera unha forte tendencia a identificala coa súa irmá.[8][9]

  • La princesa india (Alfaguara, 2005; novela)
  • Alas (Ellago, 2006; poesía)
  • Urdimbres (Ellago, 2007; poesía)
  • Las filipinianas (Alfaguara, 2007)
  • Nick (La Galera, 2011; novela xuvenil)
  • Antología de la herida (Musa a la 9, 2011; poesía)
  • Tiempo de arena (Planeta, 2011; novela)
  • Mientras pueda pensarte (Planeta, 2013; novela)
  • Tierra sin hombres (Planeta, 2016; novela)

Traballos colectivos

[editar | editar a fonte]
  1. "Biografía de Inma Chacón". Lecturalia. Consultado o 25 de febreiro de 2011. 
  2. "Biografía de Dulce Chacón". Lecturalia. Consultado o 4 de xuño de 2012. 
  3. 3,0 3,1 Monográfico del Círculo de Lectores
  4. País, El (2003-12-04). "Dulce Chacón pierde su batalla contra la muerte". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-10-16. 
  5. "Entrevista a Inma Chacón". conoceralautor.com (en castelán). 20 de xullo de 2009. Archived from the original on 04 de marzo de 2016. Consultado o 16 de outubro de 2023. 
  6. "Inma Chacón en escritoras.com". escritoras.com (en castelán). Consultado o 2023-10-16. 
  7. Aguilar, Andrea (2005-05-20). "Inma Chacón rinde homenaje a su hermana Dulce con 'La princesa india'". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-10-16. 
  8. Redacción/EFE (16 de outubro de 2011). "Inma Chacón: El Planeta me va a dar una identidad propia". abc.es (en castelán). Archived from the original on 26 de outubro de 2013. Consultado o 16 de outubro de 2023. 
  9. Morán, David (16 de outubro de 2011). "Javier Moro gana la 60ª edición del Premio Planeta". abc.es (en castelán). Consultado o 16 de outubro de 2023. 
  10. "El montaje Las Cervantas, que formará parte del XXVII Festival de Teatro Clásico de Cáceres, se presenta en Madrid". Región Digital (en castelán). 29 de abril de 2016. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2016. Consultado o 17 de maio de 2016. 
  11. "Presentación de Las Cervantas, pieza dramática escrita por Inma Chacón y José Ramón Fernández". Biblioteca Nacional de España (en castelán). Consultado o 17 de maio de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]