Saltar ao contido

Ingeborg María Rossel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIngeborg María Rossel
Biografía
Nacemento3 de xuño de 1968 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Flandres Occidental Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata

Ingeborg María Rossel, coñecida como Luz Rossel, nada en Ostende (Bélxica) o 3 de xuño de 1968, é unha política galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Cursou estudos de historia e na actualidade forma parte dunha cooperativa que se dedica á produción de conservas ecolóxicas, traballos forestais e labores de restauración. Ten dous fillos e vive no lugar de Ernes na parroquia de San Pedro de Ernes. É membro en asociacións de veciños, de mulleres e de desenvolvemento de Negueira de Muñiz.

Foi elixida concelleira do concello de Negueira de Muñiz polo BNG nas eleccións municipais de 2003 e 2007, e nas municipais de 2011 foi a candidata á alcaldía polo mesmo partido.

Nas eleccións municipais de 2011 levou a cabo o primeiro mitin político que coñeceu Negueira de Muñiz en moito tempo; que coincidiu cun día de mercado na vila de Negueira, xuntando á metade do censo do concello.