Infest é o segundo álbum da banda estadounidensePapa Roach. Foi publicado o día 25 de abril do 2000 e converteuse no 20º álbum máis vendido ese ano nos estados Unidos. Gañou a certificación de triplo platino nese país o 18 de xullo do 2001 e acadou o posto 5 da lista Billboard 200. Con este traballo a banda gañou unha nomeación ao Grammy ao mellor artista novo. Infest leva vendidas máis de 7 millóns de copias en todo o mundo, vendendo 3 só nos Estados Unidos, sendo o disco máis vendido de Papa Roach ata a data.