DreamWorks Records

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
DreamWorks Records
Fundado en1996
FundadorDavid Geffen, Steven Spielberg e Jeffrey Katzenberg
Estadodefunta
DistribuidorasGeffen Records, Polydor
Xénero(s)varios
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
LocalizaciónBeverly Hills (California)

DreamWorks Records foi un selo discográfico estadounidense. Fundado en 1996 por David Geffen, Steven Spielberg e Jeffrey Katzenberg como unha subsidiaria de DreamWorks SKG, o selo operou ata 2003, cando foi vendido ao Universal Music Group. A compañía tamén operou unha subsidiaria baseada en Nashville, Tennessee, chamada DreamWorks Nashville, que estaba especializada en música country e que pechou en 2005. O logo da discográfica foi deseñado por Roy Lichtenstein, sendo o seu derradeiro encargo antes de que morrese en 1997.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1996, seis anos despois de que Geffen vendese Geffen Records a MCA Music Entertainment, este uniuse a Spielberg e Katzenberg para crear DreamWorks SKG,[1] que incluía a subsidiaria DreamWorks Records. Rufus Wainwright sería o primeiro artista en asinar co novo selo a comezos de 1996. Henry Rollins (tanto como artista en solitario como con Rollins Band), Tamar Braxton, George Michael, Randy Newman, Morphine, Eels, Chris Rock ou Powerman 5000 entre outros tamén asinaron con DreamWorks.

O logo do selo foi o derradeiro proxecto completado polo artista Roy Lichtenstein. O distintivo deseño estreouse co disco Beautiful Freak, o primeiro álbum de Eels e o segundo lanzamento do selo. Geffen Records ditribuiu o material de DreamWorks ata 1999, cando Interscope Records fíxose coas tarefas de distribución, aínda que a distrubución internacional quedou en mans de Polydor. O selo foi presidido por Lenny Waronker e Mo Ostin, que dirixira Warner Bros. Records ata mediados dos 90.

O 11 de novembro de 2003 anunciouse que Universal Music Group (antigo MCA Music Entertainment, e nai de Interscope, Geffen e Polydor) chegara a un acordo para mercarlle DreamWorks Records a DreamWorks SKG por "uns 100 millóns de dólares".[2] A compra chegou no momento no que o negocio da música "estaba atravesando grandes cambios", xa que loitaba para "contrarrestar a caída de vendas e o impacto das vendas non oficiais de música online". Mo Ostin, o principal executivo de DreamWorks Records, dixo: "A pesar dos retos do negocio da música hoxe en día, Universal está mercando un activo morabilloso e a venda asegurará o futuro máis forte posible para os nosos artistas".[3] Baixo o novo contrato, DreamWorks Records situouse dentro do selo Interscope Geffen A&M, dirixido por of Jimmy Iovine.[2] DreamWorks integrouse en Geffen Records en 2004.

Pola súa banda, a súa división de música country estivo operativa ata o 29 de xaneiro de 2006, cando foi pechada por Universal Music Group Nashville.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. King, Tom (2001). Broadway Books, ed. The Operator: David Geffen Builds, Buys, and Sells the New Hollywood. Nova York. p. 538. ISBN 978-0767907576. 
  2. 2,0 2,1 Billboard (ed.). "UMG To Acquire DreamWorks Records". Consultado o 9 de maio de 2017. 
  3. BBC (ed.). "Universal buys Dreamworks Records". Consultado o 9 de maio de 2017.