Ine Marie Eriksen Søreide
Ine Marie Eriksen Søreide | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 2 de maio de 1976 |
Lugar de nacemento | Lørenskog |
Nacionalidade | Noruega |
Alma máter | Universidade de Tromsø |
Ocupación | política, avogada e participante do fórum internacional |
Cónxuxe | Øystein Eriksen Søreide |
Premios | European of the Year, Norway e King Harald V's Jubilee Medal 1991–2016 |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ine Marie Eriksen Søreide, nada en Lørenskog o 2 de maio de 1976, é unha avogada e política norueguesa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nada en Lørenskog, Eriksen Søreide estudou dereito desde 1995 na Universidade de Tromsø. Mentres foi estudante universitaria uniuse ao Partido Conservador de Noruega e participou na política local. No 2000 converteuse en membro do Comité Central Executivo do Høyre e presidenta da Mocidade Conservadora Noruega.[1]
Eriksen Søreide comezou traballando como produtora para Metropol TV. Tralo peche de Metropol TV, Eriksen uniuse ao bufete de avogados Grette. Entre o 2001 e o 2009, participou na Comisión Permanente de Educación, Investigación e Asuntos Eclesiásticos. En 2005, foi elixida como deputada no Storting por Oslo. É desde 2013 Ministra de defensa de Noruega.[2][3]
En agosto de 2020, a portavoz de Søreide, Trude Maaseide, dixo que un diplomático ruso anónimo que traballaba na sección comercial da embaixada rusa en Oslo foi expulsado por vincularse co caso dun home encarcerado acusado de espiar para Rusia.[4] Ó parecer, o diplomático expulsado era o oficial de intelixencia ruso que, segundo as autoridades norueguesas, estaba a reunirse co presunto espía (un cidadán noruegués) nun restaurante de Oslo cando foi arrestado.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Pncp. "Ine Marie Eriksen Søreide" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2015. Consultado o 19 de xaneiro de 2014.
- ↑ Hoy (11 de abril de 2014). "El ejército unisex". Consultado o 19 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Minister of Defence Ine Eriksen Søreide" (en inglés). Consultado o 19 de xaneiro de 2014.
- ↑ 4,0 4,1 Norway expels Russian diplomat after arresting suspected spy. 2020-08-19. Al Jazeera. Consultado 2020-08-24.