Indogermanische Forschungen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Indogermanische Forschungen (en alemán: Investigacións indoeuropeas) é unha revista académica de lingüística que segue o sistema de revisión por pares. Céntrase basicamente nos estudos indoeuropeos, pero tamén publica contribucións sobre outras linguas e campos da lingüística.[1]

Fundárona en 1892 Karl Brugmann e Wilhelm Streitberg, e actualmente[2] publícaa cada ano Walter de Gruyter. Os editores actuais son Wolfgang P. Schmid e Eckhard Eggers, ámbolos dous da Universidade de Göttingen.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Walter de Gruyter (ed.). "Indogermanische Forschungen". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2011. Consultado o 2011-01-05. 
  2. 2011