Impresora óptica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Unha impresora óptica de 35 mm con dúas cabezas de proxector, utilizada para producir efectos especiais en filmes. Empezando pola esquerda, pódese ver a luz da lámpada do proxector brillando. A é o primeiro portelo para o celuloide, en B, unha lente proxecta a película de A no segundo portelo, C. D é a lente da cámara, E é o visor do cámara e F é o control do obturador. A pesada base (G) contén todos os compoñentes electrónicos para controlar a impresión.

Unha impresora óptica é un dispositivo que consiste nun ou máis proxectores de filmes mecanicamente enlazados a unha cámara cinematográfica. Permite ós cineastas re-fotografar unha ou máis cintas de película. A impresora óptica úsase para crear efectos especiais en filme, ou para copiar e restaurar material de filmes antigos.[1]

Os efectos ópticos comúns inclúen fundidos, encadeados, cámara lenta, cámara rápida, e composición matte. Traballos máis complicados poden implicar ducias de elementos, todos combinados nunha única escena.

Historia[editar | editar a fonte]

As primeiras impresoras ópticas simples foron construídas a principios da década de 1920. Linwood G. Dunn expandiu o concepto durante a década de 1930, e durante segunda guerra mundial as unidades fotográficas das forzas armadas dos Estados Unidos encargáronlle deseñar unha impresora óptica que puidese ser solicitada como un artigo común, como unha cámara.[2] O desenvolvemento continuou até ben entrada a década de 1980, cando as impresoras eran controladas con mini-ordenadores.[3] Exemplos destacables do uso da impresión óptica son as composiciónes mate na Guerra das galaxias (1977).[4]

Notas[editar | editar a fonte]