Imprecación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A imprecación ou imprecatio é unha figura retórica de pensamento coa que se piden males para os demais. Con ela enfatízase a emoción do discurso e exprésase ira, indignación ou desprezo. A miúdo se salienta a relación da imprecación coa traxedia, pero esta figura non está limitada a este xénero.

Exemplos[editar | editar a fonte]

Escoita, puto nefando
criado na servidume:
non pasará o contrabando
dise teu noxento estrume.
Grotesco escriba sandeu
inxertado nun raposo:
Castelao nunca foi teu
porque Castelao é noso.