Imposto sobre Bens Inmobles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Imposto sobre Bens Inmobles (tamén chamado IBI polas siglas en castelán de Impuesto sobre Bienes Inmuebles) é un imposto local obrigatorio en España xestionado polos concellos e a administración central. O imposto varía segundo o valor do inmoble e debe ser pagado polo titular do mesmo. Este imposto calcúlase segundo unhas táboas que fixa cada concello.

Conceptos básicos[editar | editar a fonte]

A normativa refírese a:

  • Feito impoñible, ser titular de calquera propiedade ou concesión de bens urbanas ou rústicos. Artigo 61.
  • Suxeito pasivo, son os contribuíntes xa sexan persoas naturais ou xurídicas e as comunidades de bens e sociedades civiles.

O impospo págase por anos completos. O prazo máximo que ten a administración para reclamar o pagamento debido é de catro anos antes da súa prescrición.

Exencións[editar | editar a fonte]

Están exentos dos impostos os bens propiedade de concellos, as propiedades militares do estado, os bens destinados ao culto de calquera confesión, conxuntos históricos protexidos, monumentos cunha antigüidade superior a cen anos, os hórreos e cabazos de non menos de cen anos de Asturias e Galiza, entre outros bens. Artigo 62.

Normativa legal[editar | editar a fonte]

  • Ley reguladora de las Haciendas Locales (Real Decreto Legislativo 2/2004)[1]
  • Ley del Catastro Inmobiliario (Real Decreto Legislativo 1/2004)
  • Reglamento de desarrollo (Real Decreto 417/2006)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BOE do 5 de marzo. Publicado no número 59 de 9 de marzo de 2004