Imitación (música)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imitación primeiro na oitava e logo no M6 en "Chromatic Invention" (en galego, "Invención cromática") de Bartók, Mikrokosmos (1926-1939), vol. III, núm. 91, mm. 1-4.[1] .

En música, a imitación é a repetición posterior dun patrón musical nunha forma diferente, pero mantendo o seu carácter orixinal. Un canon é unha forma baseada na imitación.

En contrapunto, dáse unha imitación normalmente pola segunda voz, usualmente nunha altura diferente. Cando unha frase repite exactamente o mesmo que apareceu antes, chámase imitación estrita.

A escritura imitativa está presente na maioría das composicións polifónicas do Renacemento e o Barroco.

Na música pop unha forma máis estereotipada de imitación consiste no coro de fondo que repite as últimas notas do cantante principal.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bruce Benward; Marilyn Saker (Maio 2008). Music in theory and practice. p. 300. ISBN 978-0-07-310188-0.