Ilyushin Il-96
Aparencia
Ilyushin Il-96 | |
---|---|
![]() Il-96 | |
Tipo | pasaxeiros |
Fabricante | Ilyushin |
Primeiro voo | 28 de setembro de 1988 |
Introducido | 29 de decembro de 1992 |
Estado | en servizo |
Unidades construídas | 28 |
O Ilyushin Il-96 é un avión catrimotor de pasaxeiros de fuselaxe ancha deseñado por Ilyushin na Unión Soviética e fabricado por Voronezh Aircraft Production Association en Voronezh, Rusia. O primeiro prototipo realizou o seu primeiro voo o 28 de setembro de 1988, equipado con motores turboventilador soviéticos Aviadvigatel PS-90A, e o 29 de decembro de 1992 entregouse a primeira unidade á aeroliña rusa Aeroflot. Foi o primeiro avión ruso que non recibiu unha designación OTAN.