Pallacanestro Trieste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Illycaffe Trieste»)
Pallacanestro Trieste
Información xeral
Liga LBA
Fundación 1975
Historia Pallacanestro Trieste (1975–2004)
Cores           Branco, vermello
Presidente Italia Mario Ghiacci
Adestrador Italia Franco Ciani
Localización
Cidade Italia Trieste, Italia
Pavillón Allianz Dome
Capacidade 6 943
Inauguración 1999
Campionatos
Liga 5 (1930, 1932, 1934, 1940, 1941)
Serie A2 1 (2018)
pallacanestrotrieste.it

O Pallacanestro Trieste 2004 é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Trieste, Friúl-Venecia Xulia. Fundado en 1975, actualmente compite na Lega Basket Serie A, máxima competición do baloncesto transalpino. O seu maior éxito a nivel deportivo foron so cinco títulos de liga conseguidos durante as décadas de 1930 e 1940. O seu pavillón é o PalaTrieste, coñecido por motivos de patrocinio como Allianz Dome, un recinto con capacidade para 6 943 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

O club ten as súas orixes na Società Ginnastica Triestina, un club polideportivo fundado en 1863.[1] Este non era o único equipo de baloncesto da cidade que competiu na Serie A, máxima categoría do baloncesto italiano, xa que tamén estiveron o Lega Nazionale Trieste (1949-1951), o San Giusto Trieste (1948-1949) e o Polizia Civile Trieste (1949-1950). Porén, si foi o máis existoso, pois na década dos anos 1930 e principios da década de 1940 conseguiu gañar cinco títulos nacionais.

En 1975 a sección de baloncesto é absorbida por unha nova sociedade nada como Pallacanestro Trieste, comezando a súa nova andaina na Serie A2, categoría na que se mantén até 1980, cando ascende á Serie A1. Desde entón xogou na máxima categoría entre 1982 e 1986, de 1990 a 1997, e de novo de 1999 a 2004, sendo o seu mellor resultado o terceiro posto conseguido en 1994. Ese mesmo ano o club conseguiu chegar á final da Copa Korać, onde perderon contra o PAOK Tesalónica (75-66 e 100-91).[2] Tamñen cómpre destacar que o ano seguinte o club conseguiu xogar tamén a final da Copa de Italia, onde perderon por 81−77 ante a Benetton Treviso. No 2004 o equipo vese relegado á Serie B1 por problemas económicos. Debido a isto, refúndase a sociedade, pasando a denominarse oficialmente Pallacanestro Trieste 2004. Tras competir en categoría infeariores, o club regresa á Segunda División en 2012. Seis anos despois, en 2018, o equipo consegue gañar o título de Serie A2 regresando á máxima categoría catorce anos despois.

Patrocinadores[editar | editar a fonte]

Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:

  • Arrigoni Trieste (1955–1956)
  • Stock Trieste (1957–1960)
  • Philco Trieste (1961–1963)
  • Lloyd Adriatico Trieste (1974–1975)
  • Hurlingham Trieste (1976–1881)
  • Oece Trieste (1981–1982)
  • Bic Trieste (1982–1984)
  • Stefanel Trieste (1984–1994)
  • Illy Caffè Trieste (1994–1996)
  • Genertel Trieste (1996–1998)
  • Lineltex Trieste (1997–1999)
  • Telit Trieste (1999–2001)
  • Coop Nordest Trieste (2001–2004)
  • AcegasAps Trieste (2005–2013)
  • Pallacanestro Trieste (2013–2015)
  • Alma Pallacanestro Trieste (2015–2019)
  • Allianz Pallacanestro Trieste (2019–2022)
  • Pallacanestro Trieste (2022–presente)

Palmarés[editar | editar a fonte]

Competicións europeas[editar | editar a fonte]

Títulos nacionais[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Il museo della Ginnastica Triestina". ginnasticatriestina.com (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 08 de setembro de 2018. 
  2. "Alma-Agenzia per il lavoro Trieste". eurobasket.com (en inglés). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]