Illas de Póo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

As Illas de Póo (Islles de Po en asturiano) son un pequeno arquipélago formado por varios farallóns e illotes a poñente da vila de Llanes (Asturias). Tan só destácase a Illa Almenada, que conta cunha superficie de 5,2 hectáreas, amesetada como a anterior, e tamén unida a terra firme por un tómbolo areoso en baixamar. Os outros illotes son o Castru de Po, San Martín, o Palu de Po e outros. Nas inmediacións deste pequeno arquipélago está o famoso Castru Gaiteru, que non é máis que un pequeno farallón.