Illa de Santa María

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Illa de Santa Maria»)

Coordenadas: 36°58′24″N 25°05′40″O / 36.9732, -25.0945

Illa de Santa María
Vista da illa
Datos
Capital Vila do Porto
País Portugal
Localización Océano Atlántico
Arquipélago Azores
Linguas Portugues
Poboación (2003) 5.511 hab.
Superficie 97´4 km²
Densidade
Coordenadas
Maior Altura 590 m. Pico Alto
Localización
Localización da illa

A illa de Santa Maria foi a primeira illa oficialmente descuberta do arquipélago dos Azores. Tamén foi a primeira en ser poboada. Foi descuberta por Diogo de Silves nunha viaxe de regreso desde Madeira no ano 1427.

A illa ten unha superficie de 97.4 km² e unha poboación de 6.500 habitantes. A capital da illa, Vila do Porto é a máis antiga das vilas dos Azores e aínda se poden atopar vestixios de casa antigas, que supostamente pertenceron ao seu primeiro capitán, con fiestras do século XV.

Santa María, é a única das illas do arquipélago con grandes proporcións de terras sedimentarias onde se poden atopar fósiles mariños.

Sitios de interese[editar | editar a fonte]

Almageiras:: ao sur de Vila do Porto. Debe o seu nome á baía Almageiras. É un dos sitios máis agradables dos Azores.

Pico Alto:: é a maior cota e Santa María, cunha altura de 590 m.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]