Illa da Virgen del Mar
Aparencia
| Tipo | illa | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | Cantabria, España | |||
| ||||
| Bañado por | Golfo de Biscaia | |||
A Illa da Virgen del Mar é unha illa maciza de 7,9 hectáreas moi próxima á costa de Cantabria (España), á que se une en baixamar mediante unha frecha de area, converténdose entón nun tómbolo. Está situada a poñente de Santander, preto de San Román da Llanilla. Na illa álzase unha ermida do século XII onde se custodia a imaxe da Virxe do Mar, que é a patroa de Santander e que cada ano pola súa festividade trasládase en procesión desde a illa á catedral santanderina e logo devolta outra vez ao lugar orixinal. A illa conta cun pequeno dique que a une a terra.
