Illa Stewart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stewart
Coats of arms of None.svg
Bandeira Escudo
Localización
Localización da illa Stewart
[[]]
Datos
Capital Oban
País Nova Zelandia
Linguas
Poboación (2006) 402 hab
Superficie 1.746 km²
Densidade
Concellos
Coordenadas 46°58′59″S 167°53′7″E / 46.98306°S 167.88528°E / -46.98306; 167.88528
Maior Altura 979 m. Monte Anglem

A Illa Stewart de Nova Zelandia é a terceira illa de maior tamaño deste país. Atópase situada a 30 km ao sur da illa Sur separada desta polo Estreito de Foveaux. Ten 400 habitantes aproximadamente, a maioría están establecidos na cidade de Oban.

O nome maorí para esta illa é Rakiura.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Posúe un área de 1746 km². A zona norte desta illa está dominada polo val do río Freshwater. Este río nace preto da costa noroeste da illa con dirección sueste na gran depresión da ensenada de Paterson. O maior pico é o monte Anglem, preto da costa norte, con 979 metros.

Historia[editar | editar a fonte]

O capitán James Cook foi o primeiro europeo en divisar esta illa, aínda que el pensou que se atopaba pegada á Illa Sur e nomeouna como "Cabo Sur", en 1770. Recentemente ao comezo do século XIX, os europeos déronse conta que era unha illa. Chamoulla Stewart en honra ao capitán William Stewart, que en 1809 foi o primeiro en facer unha carta de navegación da illa.

Cidades[editar | editar a fonte]

A única cidade é Oban, que se atopa situada na Baía Half Moon. Un asentamento anterior era Point Pegasus, que contaba con correo, varias negocios e estaba situada na costa sur da illa. Actualmente atópase deshabitada e só é accesible por mar ou logo dunha difícil excursión atravesando a illa.

Illa Stewart
Illa desde Satelite