Illa Encalladora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Illa Encalladora é unha illa da provincia de Xirona (España). Esténdese alargada fronte ao Cabo de Creus (Cadaquès), separada deste promontorio por unha estreita e profunda canle de 115 metros de anchura. A illa ten unha superficie de 5'5 hectáreas e é enteiramente rochosa. Está integrada dentro do parque natural marítimo-terrestre do Cabo de Creus, formando esta illa unha reserva natural integral, polo que toda actividade nela está prohibida se non é con fins científicos e previa autorización. Posúe moitas pequenas ensenadas e covas das que en tempos o artista Salvador Dalì era asiduo visitante.