Illa Conejera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A illa dos Coellos, en Cantabria.

A Illa da Conejera é unha illa de 23 hectáreas, moi pedregosa pero de cima completamente chaira e cuberta de herba e matogueira; a súa forma é extremadamente alargada e estreita e carece de calquera construción. Está tendida de leste para oeste, con 400 m de lonxitude, 75 m de anchura e cunha altura de 53 m. É acantilada, escarpada por todos os lados e de difícil aceso. Sitúase na costa do municipio de Miengo, Cantabria, e forma parte dun pequeno arquipélago, cuxas illas restantes non supón máis que illotes: Segunda, Casilda e Solita, entre outras (só o illote de Illa Segunda ten máis de media hectárea e posúe vexetación).