Ilia Devin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ilia Devin
Nacemento20 de xullo de 1922
Lugar de nacementoStaraya Terizmorga
Falecemento13 de novembro de 1998
Lugar de falecementoSaransk
Ocupaciónpoeta
PremiosOrder of the Patriotic War 2nd class, Orde da Amizade dos Pobos, Medalha "por mérito de batalha", Orde da Estrela Vermella e Bandeira Vermella do Traballo
editar datos en Wikidata ]

Ilia Devin (ruso: Девин Илья Максимович), nado o 20 de xullo de 1922 en Sire Теrizmorga e finado o 13 de novembro de 1998 en Saransk, foi un xornalista e escritor mordovo, un dos principais escritores en lingua moksha.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia labrega e estudou na súa localidade natal. Loitou en varias frontes durante a Segunda Guerra Mundial co Exército Vermello e logo da guerra traballou na radio estatal de Mordova mais nas publicacións periódicas Mokšen Pravda e Mokša. Membro da Unión de Escritores de Rusia dende 1949, foi o presidente da Unión de Escritores da República de Mordovia (1971-1984). Membro do Consello Supremo da RSS de Mordovia (1975-1980), delegado no XXV Congreso do PCUS (1976)

Actividade literaria[editar | editar a fonte]

Comezou a escribir durante os seus anos escolares, publicou o seu primeiro poema en 1939 na revista Kolkhozon Eriaf e nos anos seguintes publicou en diversas revistas mordovas. Durante a guerra publicou en revistas militares e en 1945 publicou o seu primeiro libro, unha selección da súa poesía militar, Šobdavan Zari [1]. Ao longo da súa vida publicou 20 libros[2], tanto de poesía como de prosa. Pero a súa obra principal é a novela Nariše que saíu do prelo en 1969, ambientada nos anos inmediatamente posteriores á guerra nunha aldea mordova, a trama céntrase na nova xeración que participa activamente en todas as esferas de actividade nuns anos marcados polas dificultades causadas pola guerra e polas moitas pexas que poñen os membros da vella xeración aos avances.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Девин Илья Максимович" Arquivado 22 de xullo de 2018 en Wayback Machine., moypolk.ru
  2. Девин Илья Максимович на сайте «Библиотека мордовской литературы»