Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días en Portugal
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ac/LDSChurch.svg/300px-LDSChurch.svg.png)
As primeiras reunións da Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días realizadas en Portugal foron dentro das Forzas Armadas dos Estados Unidos estacionadas no país a principios de 1970. Máis tarde, en 1974, o Presidente da Igrexa Spencer W. Kimball visitou Portugal e recibiu a confirmación de que a Igrexa sería recoñecida e que os misioneiros podían comezar a traballar no país.
En novembro de 1974, o élder William Grant Bangerter do Setenta chegou a Lisboa para presidir a recentemente creada Misión Portugal Lisboa. Catro misioneiros foron transferidos dunha misión no Brasil para comezar o traballo. As primeiras reunións da IXSUD foron realizadas na casa dun membro da embaixada canadense que vivía en Portugal.
En xullo de 1975 había 100 membros portugueses e fóronse adherindo até ser 1000 en xullo de 1978. Hoxe hai máis de 38.000 membros organizados en decenas de congregacións locais. Estas congregacións, chamadas ás e ramas, serven como centro de todas as actividades da Igrexa local, incluíndo os cultos dos domingos e clases para os nenos, novos e adultos, homes e mulleres. Actividades durante a semana proporcionan oportunidades de instrución adicional, eventos sociais e ofertas culturais como danza, musicais e teatro ademais de actuacións deportivas. Portugal non posúe ningún templo SUD: o máis próximo atópase en Madrid, o cal é frecuentado pola maioría dos mormóns portugueses.
Actualmente existen 38.188 santos dos últimos días en Portugal, así como 6 estacas, 75 ás e ramas, 2 misións (Lisboa e O Porto) e 23 centros de historia familiar[1].
Relación cos medios de comunicación
[editar | editar a fonte]A Igrexa SUD utiliza un espazo propio na RTP 2 xunto con outras confesións relixiosas[2]. Esta posibilidade atópase amparada pola lei de liberdade relixiosa[3].
Esta programación consiste nun programa de 7 minutos Fé dos Homens ("Fe dos Homes") e outro de 30 minutos titulado Caminhos ("Camiños").
En 2009 iniciouse un conxunto de programas na radio RDP baseado nos programas de televisión [4].
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Conocer a los mormones [Ligazón morta]
- Historia de la Iglesia en Portugal[Ligazón morta]
- Sítio Oficial de la IJSUD en Portugal
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Igrexa Mormona dispón de rexistros até o século XVI en 20 puntos do país
- ↑ "Programação RTP 2". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2008. Consultado o 27 de decembro de 2009.
- ↑ "Lei de Liberdade Relixiosa (2001) art. 25º" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de novembro de 2011. Consultado o 27 de decembro de 2009.
- ↑ Confesións relixiosas pasan a ter programa na radio pública[Ligazón morta]