Saltar ao contido

Igrexa de San Martiño de Tribás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de San Martiño de Tribás
Tribás Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Persoas e organizacións
 Diocese
Localización
 Situado en
Fontes e ligazóns
Patrimonio Galego: 98658
Wikidata C:Commons

A igrexa parroquial de San Martiño de Tribás, é unha igrexa de orixe románica datada nas primeiras referencias a ela no século XIII. Atópase no lugar de Tribás na parroquia de San Martiño de Tribás (Pantón).

Descrición

[editar | editar a fonte]

A planta desta igrexa de San Martiño de Tribás, sen a posterior sacristía, é a orixinal románica. Non obstante, da súa fábrica primeira só se conservan a ábsida e o muro testeiro da nave co seu arco triunfal.

Resaltan na ábsida a serie de canzorros. Só dous están á vista no muro sur. Ao acaroar a este muro a sacristía, o resto dos canzorros ou ben se atopan ocultos ou ben desapareceron.

Sete son os que sosteñen a cornixa do muro norte. Tanto estes coma os outros dous son de forma pouco esvelta e dun tamaño máis inferior ao normal. Atípica é unha serie de bólas que decoran por ámbolos lados do bisel da cornixa.

Os dous canzorros do lado sur, un é de liso caveto e noutro escúlpese unha basta cabeza humana que mira de fronte.

Tamén nun dos canzorros do lado norte aparece outra cabeza. Case todo o resto decóranse con diversos obxectos de tipo xeométrico, entre eles resalta un cilíndrico, cinguido ao redor do seu centro por unha grosa cinta na que vai incisa unha cruz de brazos iguais.

Pero o canzorro que máis chama a atención é un no que aparece o conxunto do erecto sexo masculino; probablemente representa desta forma o símbolo da vida.

Moi sinxelo é este arco triunfal. Compóñeno unha arquivolta de medio punto de sección rectangular con varias arestas vivas.

Mediante imposta decorada con perlas apóiase directamente no muropilastra.