Igrexa de San Francisco de Asís (Adén)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de San Francisco de Asís
A igrexa en 1963
PaísIemen
AdvocaciónSan Francisco de Asís
LocalizaciónAdén, Iemen
Coordenadas12°47′19″N 44°58′47″L / 12.7886, 44.9796Coordenadas: 12°47′19″N 44°58′47″L / 12.7886, 44.9796
Culto
CultoCatólico
DioceseVigairía apostólica de Arabia meridional
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de San Francisco de Asís, antigamente catedral de San Francisco de Asís, é unha igrexa católica da cidade de Adén (Iemen).

Historia[editar | editar a fonte]

O templo foi a catedral da vigairía apostólica de Arabia meridional entre 1892 e 1974, ano no que a catedral pasou a ser a de San Xosé de Abu Zabi. Dende entón, o templo pasou a ter clasificación como igrexa parroquial.

Durante a etapa de dominio británico da rexión, a carón da igrexa estaba situada a Escola de Santo Antón, mais logo da independencia o goberno apropiouse dela, e construíu un muro entre o templo e a escola.

A igrexa en 2013, moi deteriorada e vandalizada

Actualmente está nunha situación moi deteriorada, e as fiestras e a porta principal foron tapiadas. A estatua de Xesús Cristo bendicindo o mar ten sido atacada en varias ocasións, mais permanece no seu lugar.

O templo é administrado por un salesiano, un dos cinco únicos sacerdotes católicos con presenza estable no país.[1] En 1990 encargouse da parroquia o salesiano indio Mathew Uzhunnalil, que permaneceu nela até a súa volta á Bangalore en 2007.[2] O seu irmán máis novo,[3] o párroco Tom Uzhunnalil, foi secuestrado por un grupo islamista o 4 de marzo de 2016, no ataque ao fogar para anciáns da cidade levado polas Misioneiras da Caridade, no que foron asasinadas 16 persoas.[4][5] O sacerdote foi libertado en setembro de 2017.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "YEMEN: Salesian Missionaries Situation in Yemen Precarious Due to Recent Fighting". MissionNewswire - Salesian Missions Official News Service (en inglés). 2 de abril de 2015. Consultado o 20/10/2018. 
  2. "Fr. Mathew Uzhunnalil SDB passes away". Apostolic Vicariate of Southern Arabia (avosa.org) (en inglés). 23 de marzo de 2015. 
  3. Akkara, Anto (8 de abril de 2016). "Brother of kidnapped priest is staying at home to pray and wait for ‘good news’". The Catholic Herald (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21/10/2018. Consultado o 20/10/2018. 
  4. Catholic News Service (3 de marzo de 2017). "Salesians to pray for Indian priest abducted a year ago". The Catholic Herald (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20/10/2018. Consultado o 20/10/2018. 
  5. Al-Batati, Saeed; Fahim, Kareem (4 de marzo de 2016). "Gunmen Kill 16 at Nursing Home in Yemen Started by Mother Teresa". The New York Times (en inglés). Consultado o 20/10/2018. 
  6. Pérez Pichel, Miguel (12 de setembro de 2017). "Libertam Pe. Tom Uzhunnalil, sacerdote salesiano sequestrado pelo Estado Islâmico". ACI Digital (en portugués). Consultado o 20/10/2018.