Saltar ao contido

Igrexa de Nosa Señora de Týn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Nosa Señora de Týn
PaísRepública Checa
LocalizaciónStaré Město
Coordenadas50°05′16″N 14°25′22″L / 50.08771, 14.4227
DioceseArquidiocese de Praga
EstiloArquitectura gótica e arquitectura barroca
Páxina webhttp://www.tyn.cz/
editar datos en Wikidata ]
A Igrexa de Nosa Señora de Týn.

A Igrexa de Nosa Señora de Týn (en checo: Kostel Matky Boží před Týnem, Týnský chrám ou sinxelamente Týn) foi a igrexa máis importante do Staré Město (Barrio Vello) de Praga, República Checa. A igrexa foi construída en 1256 sobre a antiga igrexa románica.

No século XI, esta zona foi ocupada por unha igrexa románica que se construíu para os comerciantes estranxeiros que ían ao próximo Patio de Týn. Máis tarde foi substituída primixenia igrexa gótica de Nosa Señora de Týn en 1256. A construción da igrexa actual comezou no século XIV en estilo gótico tardío baixo a influencia de Mathieu de Arras e máis tarde Peter Parler. A principios do século XV, a construción estaba case completa, e só quedaban por construír as torres. A igrexa estivo controlada polos husitas durante algún tempo, como Jan of Rokycany, futuro arcebispo de Praga, que se converteu en vicario da igrexa en 1427.

O teito completouse na década de 1450, mentres que a torre norte completouse pouco despois, durante o reinado de Xurxo de Poděbrady. A súa escultura foi colocada no frontón, baixo un enorme cáliz de ouro, símbolo dos husitas. A torre sur non se completou ata 1511, con Matěj Rejsek. En 1626, logo da Batalla da Montaña Branca, as esculturas de Xurxo de Poděbrady e o cáliz foron retiradas e substituídas por unha escultura da Virxe María, cun halo xigante. En 1679 a igrexa foi alcanzada por un raio e o posterior incendio deixou moi danada a bóveda, que foi substituída máis tarde por unha bóveda inferior barroca.