Ignacio Polanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ignacio Polanco
Nacemento5 de novembro de 1954
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónempresario
PaiJesús de Polanco
editar datos en Wikidata ]

Ignacio Polanco Moreno, nado en Madrid o 5 de novembro de 1954, é un empresario español do sector das comunicacións.

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade Complutense de Madrid e MBA polo Instituto de Empresa de Madrid, iniciou a súa actividade profesional no Grupo Timón, e en 1993 incorporábase ao consello de administración do Grupo PRISA, sendo vicepresidente de ambas as empresas. É membro ademais dos consellos de administración de El País, Unión Radio, a Cadena SER, Sogecable e Promotora de Publicaciones (PROPU).

O 26 de novembro de 2006 o consello de administración de PRISA acordaba que, á morte do seu pai, o presidente do grupo Jesús de Polanco, Ignacio Polanco asumiría a presidencia. Jesús de Polanco faleceu o 21 de xullo de 2007 e o 23 de xullo Ignacio Polanco era nomeado presidente.