Ignacio Pedro VI Xahbadin
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1641 Edesa |
| Morte | 4 de marzo de 1702 Adana |
| Causa da morte | homicidio |
| Bispo diocesano | |
| 1662 – Diocese: Patriarchal Exarchate of Jerusalem (en) | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica siríaca |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico (1662–), sacerdote católico (1658–) |
Ignacio Pedro VI Xahbadin (en árabe: إغناطيوس بطرس شهبادين, "Irnatius Butrus Xahbadin"), finado o 4 de marzo de 1702 en Adana (Imperio Otomán), foi o segundo Patriarca de Antioquía e todo o Leste dos Siríacos .
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Logo do pasamento do patriarca Ignacio André Akhixan o 24 de xullo de 1677, foi sucedido polo bispo xacobita Masih, quen se fixo pasar por católico para obter o recoñecemento do sínodo e, posteriormente, do sultán otomán, como patriarca dos siríacos.[1] Despois do seu recoñecemento, porén, adoptou unha postura abertamente contraria ao bando católico, polo que os católicos siríacos elixiron como patriarca ao bispo de Xerusalén, Pedro Xahbadin, sobriño de Masih e designado por Akhixan como o seu sucesor.[1]
Xahbadin obtivo a confirmación do sultán e, posteriormente, do papa; porén, durante os anos seguintes houbo un conflito entre os dous bandos da Igrexa siríaca, entre os partidarios de Masih (e dos seus sucesores) e de Xahbadin, que provocou que Xahbadin fora deposto e reinstalado en varias ocasións.[1] Finalmente, as autoridades otomás tomaron partido polo bando xacobita, e en 1702 Xahbadin foi arrestado, xunto a outros bispos e cregos, e deportado a Adana.[1] O 4 de marzo foi convidado polo valí a tomar café, e á súa volta a prisión convulsionouse e pediu a un dos sacerdotes que escoitara a súa confesión, logo do cal finou, supostamente envelenado.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 Joseph 1984, p. 46.
- ↑ Aubert, Roger, ed. (1914). Dictionnaire d'histoire et de géographie ecclésiastiques 2. Letouzey et Ané. p. 121.
Dans la nuit du 4 mars 1702, Mgr Pierre fut invité à venir chez le vali qui lui fit servir du café. De retour dans la prison, il fut pris de convulsions, s'empressa de faire sa confession à l'un de ses prêtres, et expira au moment où il la finissait.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Joseph, John (1984). Muslim-Christian Relations and Inter-Christian Rivalries in the Middle East: The Case of the Jacobites in an Age of Transition. SUNY Press. ISBN 9780873956000.