Igarapé-Miri
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | Pará | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 64.831 (2022) (32,47 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.996,79 km² | ||||
Altitude | 17 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 68430-000 | ||||
Prefixo telefónico | 91 | ||||
Código de concello do Brasil | 1503309 | ||||
Igarapé-Miri é un concello do estado do Pará, no Brasil. É coñecido como a "Capital Mundial do Azaí", por ser o concello coa maior produción do mesmo no mundo. A súa poboación estimada no censo do Instituto Brasileiro de Geografía e Estatística de 2010 era de 58.023 habitantes. A cidade limita ao norte co concello de Abaetetuba, ao leste co concello de Moju, ao sur co de Mocajuba, e ao oeste co concello de Cametá.
Topónimo
[editar | editar a fonte]"Igarapé-Miri" é unha referencia ao río homónimo que baña á cidade. Traducido do tupi, "Igarapé-Miri" significa "pequeno camiño de canoas", a través da xuntanza dos termos ygara (canoa), apé (camiño) e mirim (pequeno).[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O orixe da cidade, no século XVIII, está asociada a unha fábrica de madeira de construción, a cal era comercializada en Belém. En 1758, foi creado o distrito de Santana do igarapé-Miri, que formaba parte do concello de Belém. En 1843, foi elevado á categoría de vila, separándose de Belém- En 1896, foi elevado á categoría de cidade, co nome de Igarapé-Miri.[2].
Xeografía
[editar | editar a fonte]O clima do concello corresponde ao megatérmico, tipo Ame da clasificación de Köppen. O clima corresponde ao clima da Rexión Norte do Brasil: ecuatorial, quente e húmido.
Cultura
[editar | editar a fonte]- Festividade de Sant'Ana: Igarapé-Miri é coñecida pola tradicional Festividade de Sant'Ana (padrón da cidade), que tivo o inicio no ano 1714 e cuxas conmemoracións acontecen no período do 16 ao 26 de xullo.
- Festival do Camarão
- Festival do Açaí: É un evento turístico e cultural do concello que reúne millares de persoas, entre produtores e apreciadores - nativos e visitantes - do froito. Ocorre xeralmente no anexo do Estádio Municipal coñecido como Centro Cultural.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ NAVARRO, E. A. Método moderno de tupi antigo: a língua do Brasil dos primeiros séculos. 3ª ed. São Paulo. Global. 2005. 463 p.
- ↑ http://www.citybrazil.com.br/pa/igarapemiri/historia-da-cidade Arquivado 14 de xullo de 2014 en Wayback Machine. City Brazil - Info de cidades.
- ↑ Festival do Açaí
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igarapé-Miri |