If You're Feeling Sinister
Aparencia
| If You're Feeling Sinister | ||||
|---|---|---|---|---|
| Álbum de Belle & Sebastian | ||||
| Publicado | 18 de novembro de 1996 | |||
| Estudio(s) | Ca Va Studios, Glasgow | |||
| Duración | 41:17 | |||
| Xénero(s) | indie pop, chamber pop, indie folk | |||
| Selo(s) | Jeepster Records, Matador Records | |||
| Produtor | Tony Doogan | |||
| Cronoloxía | ||||
| ||||
| Na rede | ||||
| [ editar datos en Wikidata ] | ||||
If You're Feeling Sinister é o segundo álbum da banda escocesa de indie pop Belle & Sebastian, publicado o 18 de novembro de 1996 a través do selo Jeepster Records no Reino Unido e de Matador Records nos Estados Unidos.
O líder da banda, Stuart Murdoch, ten afirmado en entrevistas que este é probablemente a súa mellor colección de cancións. En 2005 Belle & Sebastian editou unha versión ao vivo do álbum, titulada If You're Feeling Sinister: Live at the Barbican, a través de iTunes Music Store.
En novembro de 2003 a publicación en liña Pitchfork Media situou a If You're Feeling Sinister no número 14 da súa lista dos mellores álbums dos anos 90.[1]
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por Stuart Murdoch.
| N.º | Título | Duración | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1. | "The Stars of Track and Field" | 4:48 | |||||||
| 2. | "Seeing Other People" | 3:48 | |||||||
| 3. | "Me and the Major" | 3:51 | |||||||
| 4. | "Like Dylan in the Movies" | 4:14 | |||||||
| 5. | "The Fox in the Snow" | 4:11 | |||||||
| 6. | "Get Me Away from Here, I'm Dying" | 3:25 | |||||||
| 7. | "If You're Feeling Sinister" | 5:21 | |||||||
| 8. | "Mayfly" | 3:42 | |||||||
| 9. | "The Boy Done Wrong Again" | 4:17 | |||||||
| 10. | "Judy and the Dream of Horses" | 3:40 | |||||||
| 41:17 | |||||||||
- ↑ "Top 100 Albums of the 1990s - Page 9". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-02-16.