Ibon Fernández Iradi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ibon Fernández Iradi
Nacemento8 de decembro de 1971
 Lasarte-Oria
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Ibon Fernández Iradi, alias Susper, nado en Donostia en 1972, é un terrorista membro da organización Euskadi Ta Askatasuna (ETA).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi considerado pola policía francesa en dúas ocasións, o xefe do aparello militar de ETA. Detido en 2002 e 2003 en Francia, foi condenado a 15 e 30 anos de prisión respectivamente por ferir gravemente a un xendarme francés, asociación de malfeitores con fins terroristas, tenencia de armas e explosivos, portar documentos falsificados e recepción de vehículos procedentes de roubos. A súa detención en 2002 permitiu a captura posterior de máis dun centenar de membros da banda.

En xuño de 2010 foi extraditado a España de forma temporal, xunto con Balbino Saenz Olarra, para ser interrogado e, no seu caso, procesado e xulgado, polo Xulgado Central de Instrución número 3 e a Audiencia Nacional por asasinato terrorista. Ten procedementos abertos pola súa participación activa en 18 atentados en España (un deles contra o ertzaintza Iñaki Totorika) en Hernani en 2001.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]