Ibi, Nixeria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Ibi é unha poboación e división administrativa do Estado de Taraba, en Nixeria. A poboación atópase na marxe sur do río River. O río Taraba máis o río Donga cruzan esta división.

É unha das dezaseis Áreas de Goberno Local do Estado Taraba.Ten unha área de 2.672 km2 e unha poboación segundo o censo de 2006 de 84.054 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

Ibi está localizado na que foi ruta tradicional de comercio dos igbo do leste, cruzado pola ruta comercial do río Benue.[1] Formou parte do reino Jukon (1720-1815) coa capital, Kororofa, a 35 millas ao leste (río arriba).[2] Tras a invasión dos fulani, Ibi converteuse en parte do Emirato de Muri (1817-1892).[2] Como o resto de Muri, estivo baixo o goberno francés de Louis Mizon desde 1892 a 1893.

Polo ano 1899, a Niger Company estableceu un centro comercial en Ibi, e por 1901, estableceuse un servizo telegráfico cara a Lokoja.[3] Os británicos tomaron o seu control en 1900 e estableceron Ibi como centro administrativo do oeste de Muri. Como o algodón era o principal cultivo da zona, chegaron máquinas de vapor para o algodón a principios dos anos 1920.[4]

O festival de pesca de Nwonyo é unha das maiores celebracións da área.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Afigbo, A. E. (1997) "Southeastern Nigeria, the Niger-Benue Confluence, and the Benue in the Precolonial Period: Some Issues of Historiography" History in Africa 24: pp. 1-8, p.4
  2. 2,0 2,1 Duggan, E. de C. (1932) "Notes on the Munshi ("Tivi") Tribe of Northern Nigeria: Some Historical Outlines" Journal of the Royal African Society 31(123): pp. 173-182, p.173-174
  3. Arnott, D. W. (1958) "Councils and Courts among the Tiv--Traditional Concepts and Alien Institutions in a Non-Moslem Tribe of Northern Nigeria" Journal of African Law 2(1): pp. 19-25, p. 19
  4. Duggan, E. de C. (1922) "The Cotton Growing Industry of Nigeria" African Affairs 21(83): pp. 199-207, p. 203