Yballa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Iballa»)
Infotaula de personaYballa
Biografía
Nacementoséculo XV Editar o valor em Wikidata
La Gomera Editar o valor em Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaLa Gomera Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónamante (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: 1488 Editar o valor em Wikidata)
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaHernan Peraza the Younger (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Yballa foi unha aborixe gomera, amante do señor territorial da Gomera Hernán Peraza o Mozo, e unha das protagonistas do episodio histórico coñecido como «rebelión dos gomeros» de 1488, durante o cal os aborixes dan morte a Peraza.[1][2][3][4][5]

O termo Yballa, de procedencia guanche, foi traducido por diferentes autores como 'amante', aludindo o filólogo Ignacio Reyes a que se trataba dun apelativo máis que dun nome propio. Outros relaciónano co termo tuareg bela ou ibella aplicado entre os pobos bérberes ós escravos que viven libremente sen ser horros. Tamén aparece modernamente coa grafía Iballa.[6]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Yballa pertencía ó bando aborixe de Ipalan, un dos catro en que se dividía a illa da Gomera, sendo de clase social nobre e tendo a súa residencia nas covas de Guahedun. Algúns autores considérana unha especie de sacerdotisa aborixe.[7]

Debido á súa beleza atraeu a atención de Hernán Peraza, quen a tomou como amante. Porén, en base ó denominado «pacto de Guahedun» que forxara Peraza cos xefes cantonais da illa, ambos convertéronse en «irmáns». Este feito foi utilizado por tres dos catro xefes aborixes para dar comezo á coñecida como rebelión dos gomeros en 1488.[8]

Estando Peraza con Yballa na cova habitación da rapaza, é atacado polos gomeros rebeldes. A tradición histórica conservou a frase que en lingua guanche dirixiu Yballa a Peraza neste momento: Ajeliles juxaques aventamares, e que é traducida como 'Foxe, estes veñen por ti'. Porén, Peraza cae morto á entrada da cova asasinado dun lanzazo polo guerreiro Hautacuperche, curmán de Yballa. Os gomeros cercaron logo ós casteláns na torre de San Sebastián, alzándose despois en rebeldía nos cumes da illa. A rebelión sería aplacada máis tarde polo gobernador de Gran Canaria Pedro de Vera, que acudira en auxilio da viúva de Peraza Beatriz de Bobadilla.[9]

Esta intervención de Vera na Gomera está considerada polos historiadores como a conquista efectiva e definitiva da illa.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El episodio de Iballa" (5). Patronato de la Casa de Colón. ISSN 0570-4065. 
  2. Historia de la conquista de las siete islas de Gran Canaria. Imprenta, Litografía y Librería Isleña. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2018. Consultado o 10 de xaneiro de 2019. 
  3. Ángel de Juan Casañas (ed.). Historia de las siete islas de Canaria. Real Sociedad Económica de Amigos del País de Gran Canaria. ISBN 84-398-7275-5. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2018. Consultado o 10 de xaneiro de 2019. 
  4. "La Gomera y el episodio de Iballa" (48). Patronato de la Casa de Colón. ISSN 0570-4065. 
  5. Canarias: crónicas de su conquista. Ayuntamiento de Las Palmas de Gran Canaria; El Museo Canario. ISBN 84-500-2951-1. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2019. Consultado o 10 de xaneiro de 2019. 
  6. "Yballa". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2016. Consultado o 10 de xaneiro de 2019.  Arquivado 16 de febreiro de 2016 en Wayback Machine.
  7. Historia del Pueblo Guanche. Tomo I: Su origen, caracteres etnológicos, históricos y lingüísticos (2ª ed.). Francisco Lemus Editor. ISBN 84-879-7300-0. 
  8. "El episodio de Iballa y sus motivaciones" (32). Patronato de la Casa de Colón. ISSN 0570-4065. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2019. Consultado o 10 de xaneiro de 2019. 
  9. "El apóstrofe dirigido por Iballa en lengua guanche a Hernán Peraza" (PDF) (2). El Museo Canario. ISSN 0211-450X. 
  10. "Episodio en la conquista de La Gomera. Los gomeros vendidos por Pedro de Vera y doña Beatriz de Bobadilla" (01). El Museo Canario. ISSN 0211-450X.