Iago Toba Campaña
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1987 (36/37 anos) Muxía, España |
Alcalde de Muxía | |
2019 – 2024 (moción de censura) ← Félix Porto Serantes – Javier Sar → | |
Actividade | |
Ocupación | político, arquitecto técnico |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
Santiago Manuel "Iago" Toba Campaña, nado en Muxía en 1987, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Arquitecto técnico. Foi elixido concelleiro do PSdeG-PSOE en Muxía nas municipais de 2015, ocupando a área de deportes no goberno de Félix Porto Serantes. Nas municipais de 2019 foi candidato á alcaldía e foi elixido con maioría absoluta. Porén, a comezos do verán de 2020 viuse obrigado a cesar 4 dos 7 edís socialistas tras votaren en contra do orzamento municipal, gobernando en minoría o resto do mandato. Dende decembro de 2021 forma parte do Comité Nacional Galego do PSdeG, así como da Executiva Provincial coruñesa do PSdeG como Secretario de Ordenación do Territorio, a partir de febreiro de 2022.
Nas municipais de 2023 encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE e logrou a vitoria con maioría simple, 5 dos 11 concelleiros,[1] polo que mantivo a alcaldía como cabeza da lista máis votada. O 7 outubro de 2024, perdeu a alcaldía tras unha moción de censura contou co apoio dos 2 concelleiros de Independentes por Muxía, dos 3 concelleiros do PPdeG e a única concelleira do BNG, fronte aos 5 do PSdeG-PSOE.[2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gago, Xosé; Placer, Laura (18 de xuño de 2023). "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2023.
- ↑ Longueira, Toni (7 de outubro de 2024). "Consumada la moción de censura en Muxía al regidor socialista tras el pacto entre PP, BNG e independientes". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 7 de outubro de 2024.
- ↑ Ramos Lavandeira, José Manuel (7 de outubro de 2024). "Javier Sar, nuevo alcalde de Muxía, promete “escucha, trabajo y puertas abiertas a todos"". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 7 de outubro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Renovación parcial en Muxía tras los pasos de Félix Porto en La Voz de Galicia
- El alcalde más joven de la comarca, con 32 años, promete «traballar arreo» para Muxía en La Voz de Galicia
Predecesor: Félix Porto Serantes |
Alcalde de Muxía 2019 - 2024 |
Sucesor: Javier Sar |