Iámblico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Iámblico de Calcis (en latín Iamblichus, en grego Ἰάμβλιχος) (c. 245 - c. 325) foi un famoso filósofo neoplatónico nado en Calcis na Celesiria, posíbel descendente do escritor do mesmo nome (ver Iámblico de Babilonia).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi discípulo de Anatolio e de Porfirio e estudou a Platón e Pitágoras e a filosofía caldea e exipcia. Da súa vida só se sabe que cada ano facía unha excursión ás fontes de Gadara. Morreu durante o reinado de Constantino I o Grande, probabelmente antes do ano 333.

Obra[editar | editar a fonte]

Escribiu un bo número de obras, das que poucas se conservaron. As súas obras principais son:

  • Περὶ Πυθαγόρου αἱρέσεως, tratado onde lista os pitagóricos con cinco libros titulados:
    • Περὶ τοῦ Πυθαγορικοῦ βίου.
    • Προτρεπτικοὶ λόγοι εἰς φιλοσοφίαν.
    • Περὶ κοινῆς μαθηματικῆς ἐπιστήμης.
    • Περὶ τῆς Νικομάχου ἀριθμητικῆς εἰσαγωγῆς.
    • Δεολογούμενα τῆς ἀριθμητικῆς.
  • Περὶ μυστηρίων,
  • Περὶ ψυχῆς,
  • Περὶ τῆς τελειοτάτης Χαλκιδαϊκῆς φιλοσοφίας.